Monday 29 de April de 2024

O Concello proporcionará leña gratuitamente na volta do San Xoán ás praias


A noite de San Xoán, o Concello porá leña a disposición da veciñanza nas praias gratuitamente. Desta maneira pretende evitarse a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias.

A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.

Tanto na praia como noutro lugar, é obrigatorio solicitar autorización para realizar unha fogueira. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro da Casa do Concello ou da Sede electrónica ata o día 22.

SOLICITUDE E NORMAS BÁSICAS:
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=299358&folderId=124834&name=DLFE-34282.pdf